Os trasn@s fanse universais

Os bravos trasn@s dos Faros Inclusivo tiveron que desafiar o tempo Non hai fronteiras para o Camiño dos Faros e os seus trasn@s. Esta fin de semana, a familia trasna acolleu a unha serie de novos membros moi especiais. Varias ducias de persoas con diversidade funcional puideron disfrutar da máxica aventura trasna. E foi unha demostración de valentía (ou “trasnería), pois tiveron que desafiar unhas inclemencias meteorolóxicaas que non foron suficientes para amedentralos, e puideron disfrutar da 1ª etapa do Camiño dos Faros Inclusivo. Data histórica, pois, para esta iniciativa civil que sitúa á Costa da Morte á vangarda dos roteiros naturais da península. Coa colaboración das ANPAS Galegas e a Asociación trasna, membros de Íntegro, Aspaber, Aloumiños, Aspadex, APEM, Aspronaga e a Asociación Un paso máis, tamén poden convertirse en trasnos superheroes, facendo cada vez máis cousas para conseguir unha Costa da Morte Accesible.
O Camiño dos Faros Inclusivo con Rabuñal Patiño Era sábado pola tarde, chovía a mares pero así e todo un nutrido grupo se xuntaba na praia da Urixeira, en Cabana. Dende alí partiron cara o estuario do Anllóns onde o ornitólogo Xosé Luis Rabuñal impartiu, ao cobixo da escola de vela, unha clase maxistral sobre a importancia da zona en materia de fauna avícola.
Quedaban 2,7 km pola senda do Anllóns, perfectamente accesible para as cadeiras de rodas dos asistentes, disfrutando o magnífico Esteiro do Anllóns, antes de marchar para Laxe. Viron un vídeo de presentación e escoitaron as historias salgadas sobre a historia de Laxe da man de Víctor Mira. En 15 minutos, e de xeito tremendamente ameno, repasou a historia deste pobo mariñeiro bergantiñán. E ao remate, pensaron en ir tomar algo, pero non, a fame trasna puido máis que os “chuzos de punta” e alá foron, ata o Faro de Laxe a demostras que a valentía está nas almas, non nos corpos.
O Camiño dos Faros Inclusivo chegou ata o Faro de Laxe  

Os trasn@s, facendo Camiño

E o domingo, tocaba a 3ª Etapa do Camiño dos Faros entre Ponteceso e Laxe. E comproubose como funciona o “Efecto Traski”. Tras un sábado infernal, o domingo amencía con soliño para disfrutar toda a xornada e provocar algún que outro “moreno de obrero”. Foi a etapa máis fácil, aseguran os transos, que din que esta edición está sendo unha balsa de aceite, e mesmo houbo quen a fixo en bici. Houbo paradas estratéxicas para que os traski-novatos (un 90%) coñecesen ben os tesouros da bisbarra. Esta é a única que se adentra no interior, deixando a costa durante un pequeno tramo, pero faino para coñecer dous puntos estratéxicos: o Castro A Cibdá de Borneiro, onde o noso amigo Óscar de Souto explicou as súas lendas; e o Dolmen de Dombate, onde Lito Eiroa, o mellor guía posible, falou da importancia da catedral do megalitismo de Galicia.
Oscar de Souto cos trasnos no Castro de Borneiro  

Trotamundos trasn@s

Informaron os trasnos da visita nesta pasada semana dun trotamundos coñecido mundialmente como é o británico John Hayes. Falamos da primeira persoa en completar a E4, que conecta Tarifa e Budapest a través de 5000km de sendeiro. Hayes e Christine disfrutaron da natureza salvaxe costeira.
John Hayes facendo o Camiño dos Faros, en Malpica  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).