Un pequeno terremoto síntese como un forte trono en todo Bergantiños

Captura do Instituo Geográfico Nacional

Tremeu a terra esta pasada noite de sábado na comarca de Bergantiños. Un terremoto de 2,6º, con epicentro entre as vilas cabanesas de A Mata e Beres, notouse en boa parte da comarca.

A veciñanza recoñeceu notalo dende lugares como Agualada, Lestimoño, Pazos, Corme, Anos, Cerqueda, Buño Malpica, Rempenín, Couto, Anllóns, Nétoma-Razo, Seiruga, mes en Santa Comba.