Propoñen unha limpeza colaborativa no Esteiro do Anllóns
03 de outubro de 2023 (08:08 h.)
O Colectivo Limpocean organiza unha xornada de limpeza mariña que terá lugar o sábado 7 de outubro ás 11.00 horas, con saída desde a Casa do Pendón.
Unha vez alí, as persoas participantes percorrerán o paseo marítimo realizando tarefas de limpeza nos areais do lugar.
As persoas interesadas en tomar parte na iniciativa poderán inscribirse enviando un correo ao enderezo eventos@limpocean.com