A ruta da Cabalgata por Cabana

A vista dos Reis Magos do ano pasado a Cabana

Cabana ultima os preparativos para recibir os próximos días 5 e 6 de xaneiro aos Reis Magos, que percorrerán as parroquias da localidade.

A programación dará comezo o 5 de xaneiro coa visita das Súas Maxestades en tren polas parroquias seguindo a seguinte folla de ruta:

  • 15.15 h. Igrexa de Cundíns
  • 16.00 h. Igrexa de Nantón
  • 16.50 h. Taberna da Mata (Riobó)
  • 17.25 h. Igrexa de Corcoesto
  • 18.00 h. Silvarrerdonda
  • 18.30 h. Taberna de Beres (O Esto)

No mesmo día, a partir das 17.00 horas, o pavillón municipal acollerá inchables e obradoiros infantís que servirán como antesala para a recepción aos Reis Magos, programada para as 19.00 horas.

O acompañamento musical de O Son do Castro e o Belén vivente de Nantón enriquecerán a variada oferta de propostas para a xornada.

O día seguinte, venres 6 de xaneiro, as Súas Maxestades reiniciarán a súa andaina por Cabana coa seguinte programación:

  • 10.30 h. Igrexa de Borneiro
  • 11.35 h. Igrexa de Canduas
  • 12.15 h. Praza de Neaño
  • 12.45 h. Igrexa de Cesullas
  • 13.30 h. Taberna de Anos

A xornada complementarase con Beléns viventes de Borneiro, Canduas e Cesullas e coa música de Os Enxebres de Cabana.

Máis novas de Nadal