Solicitan a creación dun pantalán en Cabana
O BNG vén de rexistrar no Parlamento de Galiza unha iniciativa na que insta á Xunta a elaborar este ano o proxecto de construción dun pantalán para embarcacións deportivas e profesionais no concello de Cabana de Bergantiños e a incluír nos orzamentos do 2026 a partida económica necesaria para executar a obra, de xeito que faga posible o amarre en condicións axeitadas de seguridade e accesibilidade.
A zona contan con apenas unha rampla na praia do Pendón, para unha trintena de embarcacións que fondean habitualmente nas praias do Pendón e A Urixeira, ás que se suman moitas máis durante a época estival.
"Desde o BNG consideramos que a instalación dun pantalán, ben no lugar do Pendón, ben no lugar dos Pazos (fronte á escola de vela), que cubra todas estas necesidades, suporía un impulso para a actividade náutica (de ocio e pesca deportiva) propiamente, ao tempo que tería un efecto moi positivo para a actividade turística desestacionalizada neste concello. E execución deste proxecto, sempre baixo criterios de sostibilidade e respecto á actividade marisqueira, resolvería os actuais problemas de seguridade das embarcacións que fondean nesta zona da ría de Corme e Laxe, melloraría a accesibilidade e actuaría como motor de desenvolvemento económico, fomentando a práctica de deportes náuticos e reforzando o atractivo turístico de Cabana de Bergantiños".