O talento local do festival “Nosas Músicas”

Fermosa posta en escena do talento cabanés esta fin de semana no marco festival ‘As Nosas Músicas’, o cal contou coa participación dun total de nove grupos e artistas do municipio.

O Son do Castro, Xa Era Hora, Manuel Souto, Jacinto Paredes e os seus acordeóns, o Grupo de gaitas Maruxía, Os Enxebres de Cabana, Eloy Mato, My Way e Os Farrapos integraron a programación dun evento que incluíu unha diversa variedade de estilos musicais.

Decenas de persoas de todo o municipio asistiron a unha actividade coa que “darlle voz ao enorme talento que atesoura Cabana, especialmente nunhas datas que convidan á xuntanza e á celebración”.