A veciñanza de Cabana recupera máis de 100 fotos antigas a través da rede
10 de abril de 2021 (11:13 h.)
A campaña de recolleita de fotos antigas do Concello de Cabana a través das redes sociais serviu para baixar do faiado e amosar ao mundo máis dun cententar de imaxes. A veciñanza partiicipou activamente entre o 1 de marzo e o 3 de abril nesta campaña ‘O caixón das lembranzas’.
Moitas familias aproveitaron para conectarse virtualmente e ter conversas sobre aquel pasado, e serán moitas mais as que poderán participar cubrindo este formulario online.
A idea será arquivar as imaxes, catalogalas e mesmo crear un libro con elas.