As Vivendas Sociais de Cabana, listas para adxudicar antes de fin de ano

O Concello de Cabana está a piques de iniciar os trámites para adxudicar as vivendas sociais das Casas dos Mestres antes do vindeiro ano, unha vez rematados os traballos de acondicionamento e mellora da accesibilidade ás vivendas sociais municipais. Unhas vivendas que intentarán garantir un servizo de urxencia para as persoas con dificultades económicas.

A intervención contou cun orzamento de 53.651,40 euros e incluíuse a substitución das entradas ao edificio, o peche de galerías e o arranxo e pintado das fachadas. Tamén se renovou a rede de abastecemento, saneamento e instalación eléctrica da contorna da infraestrutura.

Novas relacionadas