15 moz@s coñeceron as actividades económicas da comarca de primeira man

5 completos días cheos de experiencias laborais os que viviron os 15 moz@s dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo que participaron no O programa “Deseñando o teu futuro”. Un programa que pretende achegar á mocidade á realidade das empresas coñecendo de primeira man as actividades económicas da nosa comarca.

Este pasado domingo foi a xornada de peche, que se desenvolveu en Muxía. Visitáronse dúas empresas hostaleiras de Muxía que destacan polo seu carácter innovador, A de Loló e o Hostel Mosteiro de Moraime. Ambas xurdiron como alternativa de calidade aos aloxamentos de peregrinos e turistas en aumento constante en Muxía.

No primeiro, Sergio Sambad deixou clara a importancia do uso das novas tecnoloxías nun establecimento coma este. No segundo, o presidente del Grupo de Empresas Canabal, Francisco Canabal, repasou a historia do edificio, a súa restauración e a creación do aloxamento. Os visitantes desfrutaron do magnífico edificio, convertido en un albergue de gran categoría que fai un uso intensivo de las novas tecnoloxías, como e o caso do rexistro automático de clientes.

Na clausura, presentáronse os resultado da avaliación do programa feita tanto polos empresarios como polos participantes. Os primeiros valoraron moi positivamente a colaboración no traballo e a actitude positiva dos participantes, mentres que estes destacaron tanto a experiencia como a boa acollida nas empresas. Uns coma outros repetirían en vindeiras edicións. No mesmo sentido se manifestaron a empresaria, Rosa Sánchez, e o participante, Arián Carril, que comunicaron a súa experiencia ao auditorio.

Antes da entrega de diplomas, os tres alcaldes presentes valoraron o programa como unha oportunidade para decidir sobre o futuro profesional e o contacto co mundo do traballo e da empresa que significa Deseñando o teu futuro na Costa da Morte 2017, ata o punto de que máis de un ten a proposta da empresa para traballar nela durante a tempada alta.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Xunta de Galicia