O saneamento da ría de Corcubión centrou a visita costeira de Ana Miranda

Achegouse á Costa da Morte a candidata do BNG ás eleccións europeas. Ana Miranda estivo o pasado venres en Corcubión e Camariñas acompañada de numerosos membros das corporacións locais, para repasar varias das accións do Plan de Desenvolvemento do BNG para a Costa da Morte.

Miranda achegouse á Mostra do Encaixe de Camariñas para comprobar de primeira man o potencial económico desta artesanía feita moda.

E xa en clave medioambiental, Miranda achegouse ao peirao de Corcubión, onde a meirande parte das conversas xiraron arrredor do saneamento. I é que o estado da ría é causa de problemas dende hai anos e segue sen resolverse.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG comarcal.