400 veciños da bisbarra descubren andando a maxia de Cee
Case 400 foron os veciños da contorna que se animaron a coñecer as marabillas do Concello de Cee, no marco do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte 2017. E precisamente niso consiste o éxito desta proposta, que sexamos nós, os propios habitantes da bisbarra os que descubramos a maxia do sendeirismo e de do noso patrimonio natural.
Era unha mañá marabillosa, cun sol radiante e unha temperatura ideal para arrincar dende o paseo marítimo de Cee. Aló marcharon, para disfrutar do circuito "Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros”, 145 veciños ceeses, 41 de Camariñas, 39 de Corcubión, 20 de Mazaricos, 42 de Fisterra, 19 de Muxía, 18 de Ponteceso e 33 de Vimianzo.
Os camiñantes rubiron o monte do Son cara Toba, e seguiron as pedras do antigo Camiño Real que, dende Fisterra, se dirixía á cidade da Coruña. O remate, en Lires, outro luxo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).