A APLU realizou 9 derrubamentos dende comezos de 2016

Imaxe do antes e despois da última demolición da APLU en Buño (Malpica

Se en en 4 anos foron 33 os derrubamentos ordeados pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dende que comezou o 2016, van apenas 9. 7 desenvoltos en 2016, nos Concellos de Carnota, Carballo (3), Muros, Muxía e Ponteceso.

Este 2017 comezou con dúas accións, unha en Buño (Malpica) e outra en Arou (Camariñas). En Buño a APLU procedeu a derrubar unha vivenda unifamiliar construída en solo industrial, mentres que en Arou, a vivenda derrubada estaba construída sobre solo de servidume de PDPMT.

Se ben consideramos que a APLU debería actuar moitas máis veces, estas accións dan conta da necesidade de manter a legalidade urbanísitica.

Imaxe do derrubamento de Arou (Camariñas) por parte da APLU neste 2017

Derrubamentos de 2016

Derrubo da APLU en Carballo-marzo 2016
Derrubo da APLU en Muros-setembro 2016
Derrubo da APLU en Ponteceso-novembro 2016
Derrubo da APLU en Muxia-novembro 2016
Derrubo da APLU en Carnota en abril 2016
Derrubo da APLU en Carballo-maio 2016
Derrubo da APLU en Carballo-novembro 2016  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).