A última cea, pero non a última batalla, do cerco en San Caetano

Campamento do Cerco en San Caetano

A semana pasada tocoulles voltar a casa aos mariñeiros da Coruña, Bueu e Porto do Son. Agora, despois de máis de mes e medio, este omingo día 24 ás 12.00 os mariñeiros do Cerco procederán a levantar o campamento de San Caetano. As tendas de campaña xa non estarán ás portas da Xunta, pero deixan claro, dende a patronal ACERGA, que “non se dá por terminada a loita”.

Antes de recoller as tendas, realizarán unha acción ben simbólica. O sábado día 23 ás 23.00 horas, serán as mulleres do cerco toman a substitución na última noite no campamento de San Caetano. Símbolo do cerco, representarán alí a última cea.

As Mulleres do Cerco con voz propia

Recoñecen ter conseguidos “grandes avances pero seguimos con accións para poder chegar ao obxectivo marcado que non é outro que a anulación do actual Plan de Xestión do Cantábrico Noroeste”. Por iso, antes do levantamento, realizarán a lectura de comunicados por parte do Presidente de ACERGA, Juan José Branco Agraso e outro da portavos das Mulleres do Cerco que informarán das accións que se levarán a cabo en próximas semanas para conseguir o obxectivo da anulación do Plan de Xestión actual.

Ata 40 alcaldes apoiarán este acto, entre eles, seguro que o de Camariñas, que mesmo ameazaba con encerrarse se non se chega a unha solución rápida.

Tremendamente exitosa foi a Campaña Eu apoio ao Cerco Galego

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).