Alcaldes e técnicos deportivos recoñecen o éxito do circuito Correndo pola Costa da Morte
Continúa medrando o circuito de carreiras populares Correndo a Costa da Morte reúnense en Vimianzo. Cada ano son máis participantes e cada ano a implicación económica como a capacidade organizativa e asociativa dos concellos mellora para desenvolver este proxecto dunha maneira exitosa.
Así o confirmaron os alcaldes e os técnicos deportivos dos concellos participantes (Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas; non estaban presentes Cee e Carnota) que matiñan onte unha xuntanza en Vimianzo.
Alcaldes e técnicos acordaron repetir este tipo de xuntanzas antes do inicio de cada nova edición co obxectivo de ir mellorando ano tras ano co obxectivo de incrementar a calidade para que este evento deportivo se convirta nun referente a nivel comarcal e provincial.
Este ano é a 5ª edición e se celebran 10 carreiras, despois da estrea en Camariñas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).