O alumnado de Camariñas aprendeu surf na escola
19 de abril de 2021 (12:14 h.)
Como nos prestan estas actividades que unen a escola co mar. A pasada semana as crianzas de Camariñas, de 3º e 4º de Primaria dos CEIP O Areal de Camariñas e Ponte do Porto, remataban a primeira experiencia de "Aprende co Surfing”. Unha iniciativa promovida pola Federación Española de Surfing e a entidade Surf And Clean e subvencionada polo Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña, que permite que o surf, que o mar, forme parte do proceso educativo.
Para pechar a experiencia, o alumnado do CEIP O Areal, pasou dúas xornadas estupendas de surf e concienciación medioambiental na magnífica praia da Pedrosa. Pola sua parte, os da Ponte do Porto fixeron o propio na praia de Arou.
Novas relacionadas
- A rapazada de Camariñas aprende surf no cole.
- Marzo 2021: O mar chega as aulas dos coles de Malpica a través do surf.
- 2021: Os centros de ensino de Camariñas volven navegar .
- 2019: O pioneiro Mar na Escola 18/19 botou o peche despois de achegar a vela a case 500 alumn@s da Costa da Morte.