As candorcas visitan Fisterra

Unha candorca por Fisterra-Foto Cemma
O Cemma por Fisterra Un grupo de membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños -Cemma- tiveron o privilexio de ver un grupo de candorcas nas aguas da Costa da Morte. "É raro ver esta especie de golfiños en Galicia pero, ás veces, temos a sorte de coincidir con elas", aseguran dende a organización. O avistamento tivo lugar o pasado venres, 19 de setembro, no norte do cabo Fisterra. Segundo indican desde CEMMA, en Galicia hai rexistradas 21 especies de cetáceos e na actualidade estanse a levar a cabo estudos xenéticos a partir de mostras recollidas para ver a posibilidade de listar algunha máis. "Se os varamentos nos proporcionan importante información sobre estes animais como a dieta, a xenética, a histopatoloxía, a parasitoloxía e a reprodución; o traballo de monitorización e avistamentos ofrece información sobre a distribución, estatus poboacional e outros indicadores" aseguran os membros da organización.

Un rorcual comun por Camariñas

Pero non foi a única visita da fin de semana. Un rorcual común pasou polas costas de Camariñas e así foi cazado. Explícannos do Cemma, que "no ano 1985 deixáronse de cazar baleas en Galicia. Hoxe as que entran na plataforma saben que poden alimentarse nas nosas costas en o perigo da caza, hai outras ameazas: contaminación, tráfico marítimo, etc., mentres podemos gozar coa súa presenza".  
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Cemma
Etiquetas