As candorcas visitan Fisterra
11:47 22/09/15
Unha candorca por Fisterra-Foto Cemma
O Cemma por Fisterra
Un grupo de membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños -Cemma- tiveron o privilexio de ver un grupo de candorcas nas aguas da Costa da Morte. "É raro ver esta especie de golfiños en Galicia pero, ás veces, temos a sorte de coincidir con elas", aseguran dende a organización.
O avistamento tivo lugar o pasado venres, 19 de setembro, no norte do cabo Fisterra.
Segundo indican desde CEMMA, en Galicia hai rexistradas 21 especies de cetáceos e na actualidade estanse a levar a cabo estudos xenéticos a partir de mostras recollidas para ver a posibilidade de listar algunha máis. "Se os varamentos nos proporcionan importante información sobre estes animais como a dieta, a xenética, a histopatoloxía, a parasitoloxía e a reprodución; o traballo de monitorización e avistamentos ofrece información sobre a distribución, estatus poboacional e outros indicadores" aseguran os membros da organización.
Un rorcual comun por Camariñas
Pero non foi a única visita da fin de semana. Un rorcual común pasou polas costas de Camariñas e así foi cazado. Explícannos do Cemma, que "no ano 1985 deixáronse de cazar baleas en Galicia. Hoxe as que entran na plataforma saben que poden alimentarse nas nosas costas en o perigo da caza, hai outras ameazas: contaminación, tráfico marítimo, etc., mentres podemos gozar coa súa presenza".No ano 1985 deixáronse de cazar baleas en Galicia. Hoxe as que entran na plataforma saben que poden alimentarse nas... Posted by CEMMACetaceos on Domingo, 20 de Setembro de 2015
Novas relacionadas
- Un visita de luxo nas augas da costa
- Rostro percorre máis de 600 km un mes despois da súa recuperación
- 16-03-15: Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán.
- Unha fábula moi ecolóxica.
- 3 ríos costeiros, un pouco máis limpos co Proxecto Ríos.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Cemma