Avanzan as obras de renovación da rede de abastecemento de auga de Camariñas

Avanzan as obras de renovación da rede principal de abastecemento de auga de Camariñas, que se levarán a cabo na súa maior parte na zona coñecida como ‘A Reja’.

Unhas obras aloradas en 102.266,95 euros e financiadas es do POS da Deputación da Coruña, e nun 20% polo Concello de Camariñas.

Os traballos que se están a levar a cabo implican a substitución da anterior tubaxe de fibrocemento de 200 mm. que une o depósito de abastecemento de Camariñas co núcleo de Outeiro, onde se realiza a conexión coa tubaxe existente, por unha nova de polietileno.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “esta era unha rede moi antiga, que tiña que ter un constante mantemento xa que sufría periodicamente fallos no subministro e avarías” e subliña a importancia da obra xa que “esta traída dá servizo a uns 2.500 veciños e veciñas, aumentando esta cifra no verán, e ademais abastece a unha das principais industrias conserveiras do municipio”