Berros, insultos e moita tensión nun novo pleno para esquecer en Camariñas

Tenso, coma todos na vila do encaixe, foi o pleno celebrado este luns en Camariñas onde se elevaba a aprobación a reforma da Praza de San Xurxo prevista polo goberno. Os populares, totálmente contrarios a proposta, consideran que "o Concello de Camariñas está nunha fase de absoluto descontrol, ingobernable e paralizado e cun equipo de goberno socialista sin cabeza, e sin orden nin concerto". "Sumemos ademáis", afirman, "cun Sr. Valeriano inhabilitado para ter cargo público e imputado pola trama dos Seguros. Dende logo non estamos cun panorama de conto de nadal sinon dun auténtico desastre institucional, que tivo a súa confirmación no pleno deste luns a conta do proxecto da remodelación da praza de San Xurxo"
Plano do Proxecto de reforma da Praza de San Xurxo en Camariñas "Non entendemos", continúan desde o PP,  "como o PSOE de Camariñas leva desde Maio con este proyecto, e os veciños temos que enterarnos 4 días antes do pleno para aprobalo. Qué están escondendo os Concelleiros socialistas?". Para os representantes do PP en Camariñas, o mais grave do proxecto presentado este luns pasa pola pretensión do gobernó de reformar a area de aparcamento na praza; "Non entendemos como están empeñados en facer "megaaceras" para despois ter todos que remontalas e con ideas estrambóticas de señales para poder aparcar por riba delas. Non será máis fácil aceras adaptadas ao espacio existente e manter a maior parte dos aparcamentos actuais? Xa cometeron o mesmo erro coas aceras do Areal, e siguen sen aprender. É tan difícil de entendelo, concelleiros socialistas?", se preguntan os populares. O gobernó local, pola sua banda, daba a coñecer os detalles do proxecto que se realizará en tres fases. Tres actuacións que dotaran, segundo o goberno local, "ao entorno da Igrexa dun espazo limpo, diáfano, sen cables nen postes de formigón, con un parque infantil e amplos espazos para o solaz e o disfrute de nenos e maiores. Noutra fase contempla a remodelación da Rúa Buría e a travesa que comunica coa Pista a Mourín, a remodelación da propia Pista a Mourín dende a Grixa ate as Malvinas, e a apertura da Rúa Verónica (a pista das Malvinas) cara a Rúa Buría. Na última fase se pretende dotar de servizos a todo o conxunto: un gran espazo para actos públicos como festas patronais e outros eventos, pista polideportiva descuberta, e parque bio saudable. Todo o conxunto estaría dotado de amplas zonas de aparcamentos, tanto na Pista Mourín como nas rúas adxacentes, de espacios de esparcemento e de zonas verdes", afirman.