Denuncian vertidos das perigosas toallitas polo mal estado da rede de saneamento da vila de Camariñas

Vertido de toallitas en Camariñas

O BNG de Camariñas denuncia os vertidos continuos de augas fecais directamente a ría. Sinalan que na mesma entrada da vila de Camariñas, ao pasar o Cansorro, a rede de saneamento esta vertendo augas residuais continuamente a ría, con restos de feces e centos das perigosísimas toalliñas.

Dende o BNG de Camariñas, preguntarán no concello "que medidas se van a tomar para atallar e arranxar estes verquidos continuos altamente contaminantes."

Depuradora de Xaviña

Do mesmo xeito preguntará pola depuradora que se comezou a instalar en Xaviña, xa que, segundo o grupo da oposición, "o lugar escollido para a súa localización non parece o máis acaído ao estar inmediata a un ben de relevancia patrimonial como é a Igrexa románica do século XII". Apuntan que "esta situación esta a causar malestar entre a veciñanza ao ser este un lugar moi apreciado por toda a xente da parroquia e do concello".

"Todo isto", denuncian, "vén a por en relevo a falta de planificación das infraestruturas do concello, en onde a falta de mantemento é obvia e orixina múltiples problemas a cidadanía, ao noso patrimonio e ao medioambiente".