Cae un raio nunha embarcación de pesca en Camariñas

Un barco de pesca foi afectado polo impacto dun raio mentres faenaba en augas próximas a Camariñas. Os tripulantes atópanse en perfecto estado de saúde e, unicamente, rexistráronse danos materiais na estrutura do pesqueiro.

Así mesmo, a embarcación puido volver a porto sen que se rexistrasen incidencias. O CAE 112 Galicia recibía a chamada dun particular ás 14:16 horas do mediodía e, de inmediato, informaba a Salvamento Marítimo de Fisterra e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Fonte

  • 112.