Camariñas acaba con 1876 velutinas

Algunhas das Velutinas capturadas en Camariñas Se por Carballo capturaron este pasado mes 2.000 avespas velutinas, Camariñas non lle vai á zaga e atrapou desde mediados do mes de marzo 1876 raíñas velutinas nas 100 trampas que ten instaladas. Estamos ademais nos mess claves, cando só hai avespas raíñas e están preparándose para comezar a facer os niños. Por iso, a mellor época para capturalas é esta. Unha campaña tremendamente produtiva gracias aos veciños e ao Concello, mentres “a Xunta, a responsable de combatir esta praga, segue sen facer nada”, como denuncia o propio Concelleiro Sergio Caamaño. Unhas cifras que representan unha nova con dúas caras. “Por un lado é unha gran nova, xa que estas raíñas xa non farán un niño este ano e morre con elas a propagación da especie. Pero por outro lado é unha nova aterradora que nos amosa o avance desta praga”. En todo caso, o tempo corre a nosa contra pois xa están facendo niños. De feito xa eliminaron un niño primario, do tamaño dunha bola tenis. [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/05/07/Video-de-velutinas-capturadas-en-Camarinas.mp4"][/video]

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)