Camariñas amosa o camiño aos novos redeiros

A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas artella na tarde deste mércores, 20 de xullo, unha Xornada Informativa e de Divulgación para persoas vencelladas ao sector do mar. A cita desenvolverase ás 17:00h no Centro de Iniciativas de Camariñas. Na cita informarase sobre o certificado de profesionalidade de Redeira ou Redeiro e as accións realizadas pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas para ofertar acción de formación ocupacional nesta ocupación. Por outra banda, presentarase e desenvolverase o programa de dinamización da Rede Eusumo e o Concello de Camariñas. Presentaranse as experiencias da Federación de redeiras e de actividades turísticas relacionadas co mar. Ademáis levarase a cabo unha sesión de divulgación da fórmula cooperativa como alternativa empresarial e de autoemprego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).