Camariñas homenaxeará ás persoas voluntarias ddo ‘Prestige’ que se aloxaron no Concello

Unha das placas que irá na Casa de Pedra

Unha lona xigante na lonxa vella e dúas placas conmemorativas na Casa de Pedra, que foi o seu fogar durante meses, lucirán en breve como homenaxe a todas aquelas persoas voluntarias que aló por finais de 2002 e comezos de 2003 viñeron a salvar a nosa costa.

Así o decide o Concello de Camariñas que o vindeiro 13 de novembro, co gallo do 20 aniversario do afundimento, vai facer unha homenaxe aos centos de voluntarios e voluntarias que limparon o litoral e que se aloxaron no municipio.

Esta foto de Casal será unha gran lona
A outra placa debulla a procedencia dos voluntari@s que estiveron en Camariñas

Máis novas sobre o Prestige