O concello de Camariñas prevé xerar máis de trinta postos de traballo durante os meses do verán
Ao longo deste mes, a concellería de Emprego do concello de publicará no taboleiro de anuncios as bases para a contrataciónde persoal en postos e actividades relacionadas coa limpeza de praias, a actividade sociocultural ou a protección dos montes e contra incendios. Concretamente ten previsto convocar sete prazas de peón para o servizo de Auga e desbroce, dentro dos fondos aportados pola Xunta mediante ao Fondo de Compensación Ambiental.
Asimesmo, o concello de Camariñas tamén prevé a contratación de varios peóns para a limpeza de praias, subvencionados pola Deputación de A Coruña con 26.537,05€. O mesmo ente apoia tamén a contratación dun animador sociocultural. Tamén se prevé poñer en marcha o proceso de contratación para a composición dunha cuadrilla contra incendios, que estaría composta por un capataz, un peón condutor e tres peóns forestais. Esta contratación estaría subvencionada pola Xunta de Galicia.
O concello de Camariñas ten igualmente en previsión solicitar a Deputación algo máis de 40.000 euros para a posta en marcha dun proxecto de emprego local, dentro do Programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais para concellos de menos de 20.000 habitantes.
Ademais destes procesos, o concello camariñán agarda crear empregos indirectos coa posta en marcha de servizos como os de informador turístico, monitores ou socorristas que, se ben non son contratados polo concello, si proceden da contratación destes servizos tan necesarios no verán e que se promoven dende o goberno municipal. Deste xeito, Camariñas xeraría máis de 30 postos de traballo, segundo destacan dende a concellería de Emprego, Medio Ambiente e Cultura do Concello de Camariñas.
Novas relacionadas