saúde

O Concello de Camariñas xa ten un hábito de vida saudable

Cartel Xornada Pinchos Saudables de Camelle

Camelle acollerá do 15 ao 19 deste mes unhas Xornadas de Pinchos Saudables

O Concello de Camariñas, en colaboración co Consultorio de Camelle, o doutor Fernando Cuadrado, a Farmacia de Camelle e a Asociación de Veciños A Pergoliña organizará do 15 ao 19 de marzo as ‘Xornadas de pinchos saudables’ en Camelle, onde establecementos da localidade participarán neste evento gastronómico.

Así, o Café-Bar A Molinera, o Café-Pub Marítimo, o Bar Rotterdam, o Bar O Estanco e o Bar Paella de Camelle serán os locais adheridos a esta actividade, onde todas as persoas que así o desexen poderán participar nesta ruta.

Estes locais repartirán as cartolinas para poder selas as participacións, unha por cada bar, e deberanse cubrir as cinco para entrar no sorteo dun bono agasallo de 100 euros. Lembramos que é indispensable rechear as 5 casiñas do cartón cos selos de todos os bares participantes.

O sorteo efectuarase o 21 de marzo, e o Concello de Camariñas poñerase en contacto coa persoa agraciada.