Camariñas recibe o solsticio de verán cunha festa

O espectáculo de ritos comeza ás 22:30 horas no monte Farelo de Camariñas O monte Farelo de Camariñas, lugar onde está emprazada a capela da Virxe do Monte, acolle mañá a Noite do Solpor; unha festa do solsticio de verán arraigada en ritos e tradicións ancestrais. Co fin de recuperar a tradición das romarías campestres, a cita comeza ás 21 horas cunha cea - levando cadaquén a súa - para que as 22:30 horas dar comezo ao espectáculo cargado de ritos.
A Noite do Solpor - organizada polo concello de Camariñas coa colaboración da Deputación da Coruña - quere revivir os ritos vencellados ao día máis longo do ano. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)