![noite-do-solpor-ritos]()
O espectáculo de ritos comeza ás 22:30 horas no monte Farelo de Camariñas
O monte Farelo de Camariñas, lugar onde está emprazada a capela da Virxe do Monte, acolle mañá a
Noite do Solpor; unha festa do solsticio de verán arraigada en ritos e tradicións ancestrais.
Co fin de recuperar a tradición das romarías campestres, a cita comeza ás 21 horas cunha cea - levando cadaquén a súa - para que as 22:30 horas dar comezo ao espectáculo cargado de ritos.
![]()
A Noite do Solpor - organizada polo concello de Camariñas coa colaboración da Deputación da Coruña - quere revivir os ritos vencellados ao día máis longo do ano.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)