Camariñas recupera o seu Campionato de Pesca

O próximo 4 de marzo retómase o Campionato de Pesca Cabo Vilán en Camariñas. Así o vén de anunciar a activa Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. A cita será a 13ª edición e haberá case 1.000 € en premios.

A inscrición custa 55€, e inclúe licenza federativa (35 se xa a tes) e comida. Poden inscribirse en asociacionempresarioscamarinas@gmail.com, no 647 398 023 ou 662 488 253.