Camariñas sustitúe 300 farolas por outras máis eficientes
17 de febreiro de 2016 (07:07 h.)
Segue sendo noticia que un concello implante medidas de aforro enerxético que coiden do medio ambiente e das arcas municipiais. O último en facelo foi o de Camariñas no que se sustituiron uns 300 puntos antigas luminarias de vapor de sodio por haloxenuros metálicos. Estes cambio fíxose posible con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental procedente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así que onte, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asinou onte xunto ao alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, as actas de recepción das obras realizadas. O acto tivo lugar na Casa do Alemán, en Camelle, e contou tamén coa presenza do portavoz do Partido Popular no municipio, Mauricio Aufiero, e outros concelleiros da corporación.
En total, investíronse máis de 84.000 euros no proxecto de eficiencia enerxética en diferentes alumeados ao longo do concello, xa que se rexistraron actuacións en Camelle, Santa María de Arriba, Santa María de Abaixo, Brañas Verdes, Pescadoira, Ponte do Porto e Allo.
Ademais da substitución de preto de 300 puntos de luz para aforro na iluminación pública do voncello, a subvención da Xunta de Galicia destinouse á adquisición de paquetes de compostaxe para uso doméstico en vivendas rurais, contedores de envases lixeiros, contedores de bolsa-negra, ou contedores de 240 litros para as praias do municipio.
Novas relacionadas
- Malpica presume de alumeado eficiente
- Varias parroquias de Carballo estrean alumeado máis eficiente
- Carballo aforra un 80% no alumeado público
- As obras do porto de Malpica rematarán a finais de xaneiro
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Delegación Territorial da Xunta