Camariñas vólcase cas letras galegas con teatro e contacontos
11 de maio de 2011 (09:25 h.)
Completo o Programa Concello de Camariñas para o Día das Letras Galegas. O teatro e os contacontos serán os protagonistas.
Teatro para todos
- Domingo, 15 de maio ás 18:00h, na Casa de Pedra: A Escola Municipal de Teatro de Camelle interpretará as obras "A canción do Pirata", A Muller e o avogado", "A aula dos listiños", "Terra de Jauja" e "O xuíz dos divorcios".
Contacontos
- Luns, 16 de maio ás 11:30h, na Casa do Alemán en Camelle. A Compañía Fantoches Baj con "Burromaquia". Unha selección dedicada aos nenos de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.
- Martes, 17 de maio ás 11:30h, no Centro cultural da Ponte do Porto. A Compañía Eduvia con contacontos "Dada o Duende". Unha divertida sesión chea de contos que lles irá relatando un trasno chamado "Dada".
- Martes, 17 de maio ás 11:30h, na Casa de Pedra. Mario Tomás cos contos da Miragalla. Contos que acontecen aos habitantes dun pobo costeiro moi particular. Para contalos, "Marionetto" utiliza diferentes obxectos e libros que espertan a súa imaxinación...
- Martes, 17 de maio ás 12:30h, na Casa de Pedra. Entrega de Premios do Certame Literario Intercentros.
- Nota de prensa do Concello de Camariñas.