Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Coral da Virxe da Barca de Muxía edita un novo CD

A Coral da Virxe da Barca de Muxía edita un novo CD

Continúan medrando as nosas corais. Se por Zas xa teñen ata dous cd na Coral Xan Mella, esta semana por Muxía tamén poden fardar de disco. E o teñen gracias á Deputación e á Fundación Paideia, que a través da VI edición do programa Outra Outra, editou os discos de 10 grupos do país. Unha delas é a Coral Polifónica Virxe da Barca.

Rosalía Mera e Salvador Fernández Moreda fixeron entrega dos Cds aos representantes das 10 agrupacións musicais da provincia participantes no certame, que nesta edición foron: Coro Vocalisse da Coruña, a Banda de Música e Os Viqueiras, ambos de Ordes; o grupo The Cerne, de Carballo; Tombalobos Orquestra, de Arteixo; o Coro de Cámara da Coruña, o Dúo de Saxo e Piano de Alejandro Cabalar e Laura Díaz, de Bergondo; a coral Polifónica "Virxe da Barca" de Muxía, o grupo Berros do Castro de San Sadurniño e a Banda de Música de Arca, do Pino.

Cada un dos grupos recibirá 1.000 copias do seu disco en virtude dun programa que vén desenvolvéndose ininterrompidamente desde 2005 e que lles permitiu a 78 grupos musicais da provincia, con máis de 1.800 músicos, gravar un disco nun dos estudos de son máis avanzados de Europa, segundo afirmou Salvador Fernández Moreda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación da Coruña.

Comentarios