Camelle une pontes con Rotterdam a través do baile e a música

Encontro cultural Camelle Rotterdam

Tralo éxito da edición do ano pasado, as asociacións de Camelle queren repetir a experiencia internacional en clave de baile. E por iso, preparan xa o II Encontro Cultural Rotterdam Camelle no que poderemos disfrutar de bo baile da man de auténticos Campeóns Galegos, Nacionais e Mundiais. A cita, será o vindeiro sábado 10 de agosto a partir das 17:00h.

A música será tamén protagonista con actuacións da banda de gaitas de Camelle, do grupo de Pandereteiras Mar devalado. Ademais, celebrarase o I Encontro de Corales da Canción Mariñeira e outras actuacións aínda por confirmar.