Comeza a terceira fase de integración do porto de Camariñas
Portos de Galicia asina un convenio de colaboración co concello de Camariñas no que atinxe á conservación, mantemento, limpeza e mellora dos terreos e instalacións afectadas polas obras de acondicionamento do bordo marítimo de Camariñas na súa terceira fase, pendente de executar.
Con este convenio o concello pon a disposición de Portos de Galicia uns 2.000 metros cadrados de titularidade municipal, necesarios para a execución das obras do proxecto de acondicionamento do bordo marítimo de Camariñas e asume o custo da conservación, mantemento, limpeza e mellora dos terreos unha vez rematada a obra.
Terceira fase
Pola súa banda, Portos de Galicia licitará e contratará a terceira fase das obras de acondicionamento do bordo marítimo de Camariñas, que comprende a creación dun paseo de madeira, a ordenación das zonas de tráfico rodado e aparcamento, a renovación de firmes e pavimentos, o amoblamento urbano da zona de actuación, axardinamento e instalación de redes de abastecemento de auga, evacuación de augas pluviais e alumeado público. O orzamento total do proxecto suporá un investimento duns 1,7 millóns de euros.
Con estas actuacións trátase de integrar os portos no contorno municipal e social, dinamizando a actividade portuaria fomentando a actividade económica en beneficio da comunidade concentrada na súa zona de influencia.
Novas relacionadas
- Catro detidos nunha persecución tras un roubo nun bar de Camariñas:
- Novas obras de adecentamento do parque infantil no porto de Camelle.
- O Concello de Camariñas adquire un novo tractor.
Fonte
- NOta de prensa da Xunta de GAlicia.