A comunidade educativa de Camariñas recibe unha charla sobre educación e ciencia

Fonte: Nobbot

Nova charla informativa para a comunidade educativa que organiza O Centro de Formación e Recursos (CFR) na comarca. Desta volta, será Héctor Ruíz Martín o que dea unha sesión este venres 6 de maio ás 17 horas no Museo do Encaixe de Camariñas.

Como explica na entrevista realizada por nobbot, o autor do libro “Cómo aprendemos? Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza”, considera fundamental que se coñeza “a ciencia sobre como ensinar ciencia”.