Os Crebeiros do Mundo únense en Camelle

Tradicionalmente os Encontros Internacionais do Lixo Mariño, artellados entre o CEIDA e Mar de Fábula, víñanse celebrando no Castelo de Santa Cruz, Oleiros. Pero este ano, de común acordo, decidiron trasladalo a Camelle, para homenaxear o gran traballo que realiza a entidade costeira en clave de sostibilidade e concienciación.

Así o VI Encontro desenvolverase esta fin de semana de 14, 15 e 16 de outubro en Camelle. Será unha reunión de grupos a nivel internacional que traballan coordinados para crear conciencia na defensa da natureza e do mar, pero ademais haberá unha marea de actividades para toda a familia: activismo ambiental, arte con lixo mariño, charlas, intercambio de experiencias, performances, concertos, limpezas de praia….

Programa

Venres 14 de outubro:
- 11.00 Inauguración;
- 11.30-12.00 Visita guiada ao Museo Man de Camelle Traslado á sede de Mar de Fábula;
- 12.30-13.00 Centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle. Xosé Manuel Barros, Mar de Fábula.;
- 13.00-13.30 Pequenos xestos que implican unha gran solución. O lixo mariño. CEIDA.
- 16.30-17.00. Non quero saber - Problema global. Simão Acciaioli. Brigada do Mar.
- 17.00-17.30. A Conciencia-Acción como necesidade de educación a través das accións. Óscar Vales. We Sustainability;
- 18.00-18.30. A Costa da Morte. Terra de crebas e crebeiros. Rafael Lema. Escritor.
- 19.00-19.30. Sistema de depósito, devolución e retorno. Ana Gutiérrez Dewar. Retorna.
Programa Cultural:
- 19.30 To waste or not to waste. Performance de Susana Sanromán.
- 20.00 Concerto de Braian de Palma.

Sábado 15 de outubro:
- 10.30-11.00. Proxecto ANDRÓMEDA: Microplásticos no medio mariño. Jesús Gago Piñeiro. Instituto Español de Oceanografía de Vigo.
- 11.00-11.30. La mar de limpio: voluntariado e sensibilización ambiental. Sheila García e Alberto Pérez. Fundación Oxígeno.
- 12.00-12.30. Mana Bhoomi: A Nosa Terra, o noso fogar. Arancha Alvear. Fundación Vicente Ferrer.
- 12.30 - 13.00. Rompendo Regras Lab. O sanguento impacto dos produtos menstruais de un só uso. Mª Mar Rodriguez Romero. Universidade da Coruña.
- 16.30- 17.00. 10 anos de arte e activismo ambiental. Ana Lee, Javier Serantes e DIsabel Garcia. RetoqueRetro.
- 17.00-17.30. Plastic Lab. Kari Prestgaard. Prestgaard/Andersen.
- 18.00-18.30. Educación e ARTivismo.  Ana Pêgo. Plasticus Maritimus
- 18.30-19.00. Inundación plástica: seremos capaces de pechar o grifo?.  Paula Sebastião.
Programa Cultural:
- 13.00 - 13.30. Performance "Útero contaminado". Coral de la Rosa.
-19.15 Performance "Ao Son de Camelle”. Eva Comesaña e Joel Fontán. A Casa no Alto.
- 20.00 Concerto Las Antonias.

Domingo 16 de outubro: 11.00 - 13.00: Limpeza na Praia do Trece, Camariñas.

 

Máis novas sobre Mare de Fábula