Deteñen os membros dun barco de Camariñas por presunto uso de explosivos na pesca
28 de outubro de 2025 (17:42 h.)
Parecía un asunto superado, pero vese que non. Un operativo da Garda Civil, con cans especializados, realizado no porto de Corcubión saldouse con 4 detidos dunha embarcación pesqueira de Camariñas.
Segundo El Correo Gallego, a investigación, aberta dende hai meses, alertaba do uso reiterado de explosivos para a pesca da sardiña.