Dous feridos nun aparatoso accidente á entrada de Camariñas
26 de outubro de 2019 (13:18 h.)
Puido ser moito peor, ollando as crúas imaxes do accidente que acaba de acontecer esta mañá de sábado á entrada de Camariñas. Un choche sufría unsa saída de vía e se estampaba contra un poste.
Os dous ocupantes do vehículo quedaban feridos, pero parecía que non eran de gravidade.
Ao lugar acodiron Urxencias Sanitarias, Protección Civil, e Garda Civil.