Dous pequenos incendios alertaron do comezo da temporada

Incendio no Ézaro-foto-Rafa Quintáns dende a Moa

Foi unha fin de semana de nordés na comarca, e un par de incendios avisaron de que a temporada xa está aquí.

O venres tiña lugar un incendio en Lexas (Camariñas) e eran os membros de Protección Civil os que conseguían apagalo.


Protección Civil de Camariñas sufocando o incendio de Lexas

Unha queima controlada complicouse no Ézaro por mor do forte vento durante o sábado pola mañá. Ao final tiveron que intervir as brigadas e mesmo o helicóptero antincendios para controlar un incendio que non chegou á media hectárea.