Os euroembaixadores do IESP Pedra da Aguia celebran un Día de Europa diferente

Propostas do alumnado do IES Pedra da Aguia polo Día de Europa

Non para nin por corentena o activo IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Se ben non puideron celebralo como tiñan pensado, non quixeron deixar pasar a Semana Europea, sen algún tipo de actividade. O pasado 9 de maio foi o Día de Europa, e precisamente ese día deberían ter estado en Brixelas de viaxe.

Ao longo da semana os embaixadores júnior estiveron facendo propostas para conmemorar a data, creando nas súas casas dende un Eurogame de 24 preguntas formuladas nas 24 linguas oficiais da UE; a unha EuroOca coa Caramiña na casilla de saída para percorrer todos os países europeos, as institucións comunitarias, os símbolos da UE e mesmo o BREXIT e o COVID. Entre as ideas máis singulares, que podedes ver no Facebook de Escuela Embajadora Pedra da Aguia, tamén estivo un video ilustrativo do noso infopoint cunha mensaxe de solidariedade cara a Europa.

Seis desas ideas están competindo con outras 24 propostas de escolas embaixadoras galegas nun concurso convocado por Europe Direct A Coruña. A competición pódese seguir precisamente no seu Facebook e gañará o concurso a idea que reciba máis “likes” ata o vindeiro luns 11 a mediodía. Dende o Instituto, a única escola embaixadora galega do rural e a máis pequen, animan a todos os lectores a ver as citadas propostas e darlle o “like” correspondente.

Novas relacionadas