Unha exposición de varios artistas para a ponte de Camariñas

Chega completa a ponte de Entroido de Camariñas. E chega cunha exposición no Faro, nese faro dinamizado culturalmente pola Asociación de Empresarios, que tamén son os culpables do IV Campionato de Pesca de Camariñas, que se ten que aprazar por mor do tempo.

Nova exposición colectiva "De Faro en Faro"

Este sábado 1 de marzo, ás 17:00h, terá lugar no Faro Vilán a Inauguración da nova exposición colectiva "De Faro en Faro", que xunta catorce artistas que traballan con distintas técnicas; pintura escultura, fotografía, performance, video e que se xuntan para compartir a súa persoal ollada creativa da natureza. Nestes espazos onde o horizonte, o mar, as ondas, as pedras son protagonistas así como unha construcción arquitectónica como é o faro sirve de obxeto de reflexión.

“De Faro en Faro” é unha homenaxe que os catorce artistas que participaron no III Encontro de Arte e Natureza de Faro Lariño (2013) fan ao Faro Vilán. Dous lugares máxicos de Galicia.

Os artistas invitados son María Alvarez, Jorge Valenciano, Astrid Filgueira, Francisco X. Fernández Naval , Maribel Longueira, Goretti Canario, Maika Fernandez, Irene Lumbreras, Fernando Lafuente, Pedro Avila, Soledad Pite, Enrique Tenreiro, Carmen Hermo, e Antón Sobral.

Campionato de Pesca

Ía ter lugar este sábado 1 de marzo o VI Campionato de Pesca de Camariñas. Pero dende a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas informan que por alerta amarilla en mar e terra este sábado sábado 01 de marzo vémonos obrigados a aprazar o VI Campionato de Pesca "Cabo Vilán" de Camariñas para o próximo 15 de marzo de 2014.
Polo que o prazo de inscrición amplíase ata o 14 de marzo de 2014 ás 12:00 por se hai algunha persoa máis interesada en participar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.