Fantástica experiencia dos peque-atletas de Camariñas en Porto do Son

As nenas e nenos da Escola Municipal do Concello de Camariñas participaron esta mañá na proba de campo a través desputada en Porto do Son. Concretamente, participaron alumnas e alumnos dos centros de Ponte do Porto e Camariñas, que o pasaron en grande nunha fermosa paraxe natural e demostraron que saben entregarse a fondo.
 
Iván Mouzo, na categoría alevín, logrou acadar unha meritoria terceira posición.