O Faro Vilán acolle a mostra colectiva de acuarelas “Lucet”
02 de agosto de 2025 (09:44 h.)
Continúa o verán no Centro de Información máis famoso da bisbarra. O Faro Vilán acolle este mes de agosto a mostra de acuarelistas "Lucet”, con obras de Rosario Puente Vázquez, María Dolores Mato ómez, Julia San Martín del Barrio, Maria del Cármen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, María José Puente Vázquez.
Estarán no centro coordinado pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas dende o día 2 de agosto ata o 10 de setembro, en horario de 10-14 e de 15-19 todos os días excepto o martes.
Cifras de visitantes
Boas cifras as rexistradas pola AEPT de Camariñas. Durante o mes pasado visitaron o faro Vilán un total de 2.140 persoas.
O 85% dos visitantes son nacionais, dos cales o 24% son galegos.