FEM 2025 chega Camariñas, Dumbría e Vimianzo con teatro, memoria e cultura en feminino

A quinta edcion de FEM – Festival Escena Muller celébrase este ano na Costa da Morte, cunha programación que aposta pola creación en feminino, a memoria das mulleres e a cultura como ferramenta de transformación social. O festival, desenvolto polo grupo Aantena e baixo a dirección de Xosé Leis e Bernardino Martínez, co apoio da Deputación da Coruña, desenvolverase nos concellos de Camariñas, Dumbría e Vimianzo ao longo do mes de outubro.

A programación inclúe espectáculos escénicos, accións de rúa, obradoiros comunitarios, funcións escolares, regueifas, conversas e unha exposición comisariada polo Museo do Pobo Galego.

Un festival con perspectiva, impacto e raíces

FEM naceu como espazo de visibilización das mulleres creadoras e consolidouse como proxecto cultural e social de referencia en Galicia, con foco na igualdade, a creación contemporánea e a conexión co territorio.
Esta edición aposta pola Costa da Morte como escenario vivo, recoñecendo o potencial cultural de concellos como Camariñas, Dumbría e Vimianzo, e a súa relación histórica co saber popular, a palabra e a resistencia das mulleres.

Exposición central: “Coreografías do facer”

Un dos actos máis destacados da edición será a exposición Coreografías do facer. Imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen, comisariada polo Museo do Pobo Galego, que poderá visitarse durante todo o mes de outubro no Albergue Municipal do Conco (Dumbría).
A mostra reúne fotografías documentais tomadas entre 1965 e 1968, que capturan o traballo cotián, os xestos e os vínculos das mulleres galegas do rural, convertendo o corpo e a transmisión en patrimonio cultural.

Resumo da programación FEM 2025