Un ferido grave tras un accidente en Xaviña

  • Unha persoa atrapa unha perna nunha motocultora en Carballo

Ademais do atropelo mortal acontencido en Lariño, este mércores tamén houbo un accidente grave en Xaviña, Camariñas. Eran as 13:00h cando dous vehículos sufrían unha colisión, que provocaba que unha persoa quedase atrapada.

Os Bombeiros de Cee, en colaboración dos voluntarios de Prot. Civil, puideron escarcelala, estabilizala na ambulancia e inserida no helicóptero medicalizado, para o seu traslado o hospital de A Coruña.

Tamén participaron no suceso a Garda Civil de Camariñas, Garda Civil de Tráfico de Coruña, 061 Vimianzo, Helicóptero do 061 e Protección Civil de Camariñas.

Atrápase unha perna nunha motocultora en Carballo

Arredor das 18:00h o 112 recibía unha chamada por un home ao que se lle quedou atrapada a perna nunha motocultora mentres traballaba no campo no lugar de Calvos, en Carballo. Trala liberación, o ferido recibiu os primeiros coidados antes da súa evacuación ao centro hospitalario.