A ferrolá María del Carmen Soto reabre a Sala de Exposicións do Faro Vilán

Non desisten os Empresarios de Camariñas e manteñen vivo o Faro Vilán. O único Faro da Costa da Morte que se pode visitar abriu xa a súa sala de exposicións, que acolle ata final de mes a mostra de pintura e cerámica «Luz de Mar» de María del Carmen Sendón.

Esta ferrolá, nada en 1960, comezou a súa actividade pictórica no ano 1996. Dende o ano 1996 e ata o ano 2002 realiza estudos de Expresión Pictórica baixo a dirección de Elena Piñeiro e Paula Rego. A partir dese ano, 2002, e ata o ano 2011, continúa a súa formación artística da man de Ladislau da Regueira.
Desde o ano 2009, de forma ininterrompida, dirixe un taller de expresión artística, en Narón, compaxinándoo con outros talleres de distinta duración na Casa da Muller de Ferrol (2012-2013), Neda (2015 ata a data) e en Sillobre, Fene (2014-2015). Impartiu clases de pintura para nenos en Narón e no Colexio Jorge Juan de Fene (2010-2015); en 2012 dirixe o “Taller de pintura para nenos: contra a violencia de xénero” no centro cultural municipal “Torrente Ballester”.

Dende o ano 2001, ata a data, realizou numerosas exposicións, tanto de carácter individual, como colectivas, en distintas salas da Coruña, Ferrol, Miño, Mugardos, Ares, Valdoviño, Pontedeume, Narón, Neda, Cedeira, Betanzos, Fene, Villalba, Ortigueira, Mondoñedo.

Novas relacionadas