O IES Pedra da Aguia volve á carga celebrando o Día de Europa e estreando Radio Escolar

Estreando a Radio Aguia no IES da Ponte do Porto

O IES Pedra da Aguia volve á carga celebrando o Día de Europa e estreando Radio Escolar

Tras moitos meses de perfil baixo por mor da pandemia, o activo IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto volve á carga con actividades singulares. E como non, Europa segue a ser un dos eixes do seu programa. Desta volta, quixo celebrar o pasado venres o Día de Europa (que foi este domingo 9 de maio), e o fixeron cunha estrea moi especial: a inauguración da radio escolar, un proxecto   profundamente ansiado polo Centro e que puido saír adiante grazas a implicación de toda a comunidade educativa.

“Radio Aguia” será o nome desta canle, que foi elixido democraticamente entre todo o profesorado e alumnado do centro. Foron a alcaldesa Sandra Insua, e o director de Radio Nordés-Cadena Ser, Fran Hermida, os que estrearon a emisora co Xefe de Estudos, Jacobo Santos, facendo de anfitrión.
Tamén houbo tempo para que dous alumnos, Laura Sar e Andrés Parga, valoraran o que supón Europa para eles e a importancia de ter unha radio para traballar con ela. Un aliciente máis.
O broche final foi para Conchi Iglesias, directora de casting do película SICA, que sigue buscando xóvenes para esta produción que está ambientada na Costa da Morte.

Ademais, a rapazada sacou as bandeiras ao patio cunha coreografía sobre patíns moi vistosa, e realizou unha gran cantidade de carteis que encheron todo o espazo da entrada.
Igualmente, airearon todas as bandeiras dos países comunitarios facendo unha coreografía en patíns, que resultou moi vistosa.

Aproveitouse tamén a ocasión para homenaxear ao alumno Andrés Parga, recente campión de España de bailes caribeños. Con tal motivo, o resto dos seus compañeiros bailaron ao unísono e con mito ritmo o hit Gerusalema.

Tras moitos meses de perfil baixo por mor da pandemia, o activo IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto volve á carga con actividades singulares. E como non, Europa segue a ser un dos eixes do seu programa. Desta volta, quixo celebrar o pasado venres o Día de Europa (que foi este domingo 9 de maio), e o fixeron cunha estrea moi especial: a inauguración da radio escolar, un proxecto profundamente ansiado polo Centro e que puido saír adiante grazas a implicación de toda a comunidade educativa.

“Radio Aguia” será o nome desta canle, que foi elixido democraticamente entre todo o profesorado e alumnado do centro. Foron a alcaldesa Sandra Insua, e o director de Radio Nordés-Cadena Ser, Fran Hermida, os que estrearon a emisora co Xefe de Estudos, Jacobo Santos, facendo de anfitrión.
Tamén houbo tempo para que dous alumnos, Laura Sar e Andrés Parga, valoraran o que supón Europa para eles e a importancia de ter unha radio para traballar con ela. Un aliciente máis.
O broche final foi para Conchi Iglesias, directora de casting do película SICA, que sigue buscando xóvenes para esta produción que está ambientada na Costa da Morte.

Ademais, a rapazada sacou as bandeiras ao patio cunha coreografía sobre patíns moi vistosa, e realizou unha gran cantidade de carteis que encheron todo o espazo da entrada. Igualmente, airearon todas as bandeiras dos países comunitarios facendo unha coreografía en patíns, que resultou moi vistosa.