Impulso provincial á Lonxa de Camelle
30 de decembro de 2013 (08:09 h.)
Que as confrarías e lonxas costeiras necesitan apoio é unha obviedade. Desta volta, será a Deputación a que permita que a Lonxa de Camelle siga traballando cunha axuda de 14.000€.
A achega da institución provincial supón o 43% do orzamento necesario (32.548 euros) para financiar os gastos derivados do soldos a seguridade social, a concesión de lonxa durante o ano 2013, ou o pago de determinados gastos das instalacións pesqueiras.
A previsión é que a axuda da Deputación poida destinarse aos gastos derivados dos soldos e seguridade social dos traballadores, os custes da concesión da lonxa durante o ano 2013, ou o pago dos gastos de funcionamento das instalacións pesqueiras.
Novas relacionadas
Fonte
- Deputación.