Polémico incendio dunha embarcación no Club Náutico de Camariñas
27 de novembro de 2023 (09:54 h.)
Eran as 4:30h da madrugada cando saltou a alarma no Club Náutico de Camariñas. Un incendio nunha embarcación (a Hugai) provocaba que avisasen ao 112, quen mobilizaba de inmediato aos Bombeiros de Xallas e de Bergantiños, dos membros do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Camariñas.
Foron os membros de Protección Civil os que conseguiron sufocar o lume, pero provocou danos materiais noutro veleiro, sen ningunha persoa que resultase ferida.
A Garda Civil xa investiga o suceso, que puido ter sido provocado.
Os Bombeiros de Xallas e Carballo puideron dar volta, tendo en conta que o Parque de Cee estaba pechado.