Independientes por Concello Camariñas presentarase ás vindeiras municipais do 2015
Aínda queda moito para esas eleccións municipais de maio de 2015. Pero xa hai lugares onde a parrilla de saída está en xogo. Por Camariñas, e dada a división xerada polos cismas no PP, vénse de crear un novo partido, "Independentes por Concello Camariñas" (IxCC), e hoxe reafirman o seu compromiso de presentarse as vindeiras eleccións.
IXCC decide presentarse "despois de comprobar o estado no que se encontra a política local", trala unión "dun grupo de cidadáns chegados de diferentes camiños políticos e sociais".
A nova cúpula de IxCC considera que "a situación política local vai a deriva completamente, con un equipo de goberno xudicializado, con un alcalde imputado e con numerosas denuncias de todo tipo e clase, un Concello onde as ilegalidades de certos dirixentes políticos son cousas habituais do día a día e as contas municipais resisten a costa de subirnos os impostos anos tras ano, mentras os elexidos cos votos dos veciñ@s, dedícanse a tirar os cartos en soldos políticos e obras ruinosas; cunha oposición “desnortada” completamente, sin liderazgo algún e con moitos puntos débiles que lles obriga a calar, sin argumentos creíbles para seguir representando a centos de veciñ@s que lles confiaron os seus votos, obedecendo máis as siglas e os seus superiores políticos que os dereitos e os intereses dos cidadáns a quen din que representan".
Considera que "é absolutamente necesario ventilar e deixar que entre aire fresco nos despachos, nos armarios e nos caixóns da xestión municipal". "Non se trata de ideoloxía, senon de boa xestión, eficacia, independencia e sentidiño", sinalan.
Por iso consideran que se abre un “novo camiño para a cidadanía do Concello de Camariñas, onde “IxCC” tentará recoller as inquedanzas e demandas sociais dos veciñ@s, para lograr nas vindeiras municipais do 2015 una representación suficiente e facer oír a voz dos cidadáns, defendendo os seus lexítimos dereitos e intereses dentro da nosa comunidade, e non ter que seguir soportando a estos cargos políticos ineptos e prepotentes".
Primeira asemblea en xullo de 2014
A Dirección Política (provisional) de “IxCC” está conformada por representantes de tódalas parroquias do Concello, e onde dita Dirección Política dirixirá o Partido ata o súa 1ª Asamblea a celebrar no mes de xullo deste ano, para aprobar os Estatutos definitivos da formación así como a elección da dirección do partido e os membros que acudirán na lista electoral. Os veciñ@s que desexen acudir como compromisarios de “IxCC” e participar de forma libre e directa nas votacións da Asamblea, únicamente deberán incluirse nunha lista de compromisarios que deberá ser aprobada pola Dirección Política.
Fonte
- Nota de prensa de “Independentes por Concello Camariñas” (I.C.C.).